Fonte: Luis Prego Fernández
Precisamente co grupo "Alegría Berciana", nunha actuación a principios dos anos noventa, cando vin por primeira vez a esta muller cantando e bailando nun escenario e quedei asombrado do bo facer e da vitalidade que transmitía. Sempre afable, lembro o día que fomos ata a súa casa, pertiño de Ponferrada, para convidala a participar na primeira Festa da pandeira, convite que aceptou gustosa. Desa primeira festa, do ano 2006, son as imaxes que hoxe comparto. Nunha primeira intervención tocou de corrido a "Jota", o bolero, a "muñeira", e o valse, ademáis de botar un canto. Descanse en paz esta grande mestra.
Unha fonda aperta a Rafa Busto e aos seus compañeiros do grupo.
rede, asociacións, música, video, recolleita
- Visto: 836