Skip to main content

Volai-vai como parte do movemento
#BURLAVERDE, opoñémonos á degradación ambiental da nosa comunidade e loitamos por unha transición ecolóxica xusta e sostible.
Cremos que é posible protexer o noso medio natural e promover o benestar de todas as persoas e animais, sen sacrificarnos uns polos outros.

ESTAMOS FARTXS!

  • Estuda, traballa e aforra,

    iso sempre nos dixeron;

    agora aforra para o aluguer,

    que para a casa xa non chega.

  • A casa tiña catro paredes,

    a familia tiña un fogar;

    chegou o banco cos papeis

    e mandounos desaloxar.

  • Dixo o banco: “É negocio”.

    Dixo a familia: “É fogar”.

    E no medio desta conta,

    quen nos vai preguntar?

  • Mercáronme a miña casa,

    cobráronme por vivir;

    cando quixen defendela,

    xa non tiña onde ir.

  • Non é loita relixiosa,

    é racismo colonial,

    quen ocupa e quen expulsa

    non pode falar de paz.

  • Anque cante toda a noite

    eu a maila compañeira

    Anque cante toda a noite

    non arriamos bandeira

  • Os polímeros os comes

    e despóis os evacúas

    do Prestige, plastilina

    das boliñas, gominolas

  • Di a Xunta que non son tóxicos

    pero manda recoller con luvas,

    con vasoira e recolledor

    para barrer as dunas

  • Dende a Xunta nos dí,

    o conselleiro do Mar,

    que podes comer as boliñas

    e despóis cagar

  • Neste lughar non hai xente

    que foron alén do mar

    catro vellas que quedaron

    moito non han de durar

  • Lughar no que m'eu criei

    cos camiños escondidos

    nesas casiñas de pedra

    o corazón ben erghido!

  • O deserto avanza, avanza

    e as macroempresas tamén

    mentres a xentiña nosa

    non se pode nin manter

  • Tarabelas, eucalitos

    e alta velocidá'

    minas, asfalto e podremia

    é o que eles nos van dar

  • Minas d'ouro ou de coltán,

    de wolfram, que máis lles dá?

    o que queren é facer

    neghocio na escuridá'

  • Os políticos que temos

    pensan que nò vemos vir

    só queren cheira-los cartos

    do seu negocio ruín

  • Empresas explotadoras

    de mares, montes e ríos...

    Quen ha de paghar o mal

    que deixan aos nosos fillos?

  • As fridas da minaría

    non son boas de levar

    quen apandará co morto

    que ao futuro imos deixar?

  • Políticos que non saben

    defender o noso lar,

    só venden a nosa terra,

    a quen a mellor pagar

  • Heime de por a cantar,

    baixo as aspas dun eólico,

    que lle corten a cabeza

    a quen de min fai espolio.

  • As minas a ceu aberto

    de cen a cen, e cen mil

    nós sen parar de chorar,

    e eles a fartar-se a rir

  • Érghete, pobo, en pe,

    contra esta sen-razón,

    se pensan que calaremos

    saben ben pouco de nós.

  • Quen souber das consecuencias

    que este ecocidio ha ter,

    os veciños, sen defensa;

    o monte, morto outra vez.

  • Xa non sopra o vento en calma,

    xa os xigantes van chegar,

    cortando o voo aos paxaros

    e bruando sen parar

  • Resistir, cal toxo bravo

    o expolio que nos fagás

    en terra de aloitadores

    non poñeredes as pás

  • Ventos novos sopran forte

    da Conla prao Cabalar

    han de arrasar con todo

    se os pes non lles parar

  • Traballo ten a xente nova,

    mais casa non pode ter;

    o soldo marcha no aluguer,

    e aínda lle queda que comer.

  • Antes mercaban os pais,

    hoxe alugamos os fillos;

    mañá xa veremos todos

    onde medran os meniños.

  • Pagou a casa co seu suor,

    criou os fillos con ilusión;

    agora din que vale máis

    para facer especulación.

  • Din que a casa é un negocio,

    din que hai que aproveitar;

    ela puxo alí a súa vida,

    eles puxeron o prezo a cobrar.

  • Toda unha vida na casa,

    toda unha vida a pagar;

    agora queren botala fóra

    porque a queren especular.

  • A casa do meu avó

    non valía nin un patacón;

    agora vale unha fortuna

    se a compras para vacacións.

Coa túa axuda, podemos facer un arco de coplas que reflicten as preocupacións e esperanzas da sociedade con respecto ao desenvolvemento de enerxías renovables.
A túa cantiga podería inspirar a outros a pensar máis profundamente sobre estes temas.
Entón, estás preparadx para compartir os teus pensamentos e sentimentos sobre o impacto ambiental das enerxías renovables a través da música?
Únete, e comeza a escribir as túas cantigas para o movemento!