Skip to main content

Hai cen anos, a fotógrafa e investigadora estadounidense Ruth Matilda Anderson percorreu Galicia cunha cámara e unha libreta. O que viu foi un país sostido en gran medida polo traballo das mulleres: nos campos, no mar, nos camiños, nos mercados e nos fogares.

Esta xornada da Real Academia Galega reúne distintas voces para reflexionar sobre ese legado, a memoria que gardan as fotografías e a importancia de recuperar as historias que durante moito tempo permaneceron nas marxes. Un encontro para mirar o pasado con outros ollos e comprender mellor a Galicia que fomos e a que somos hoxe.