Concha do Canizo. Este pandeiro que toco…
Este pandeiro que toco… é o novo e agardado traballo da etnomusicóloga Xulia Feixoo no cal aborda as prácticas de transmisión oral protagonizadas polo pandeiro na Terra das Frieiras.
Mercar na loxa do Consorcio Editorial Ningún dos enlaces están dentro dun marco de afiliación ou de patrocinio.
O fío condutor é a historia de vida da propia Concha construída a partir dun conxunto de entrevistas e gravacións musicais, até o de agora inéditas, que lle foron realizadas nun período de sesenta anos (1952-2012).
O libro contén fotografías, bailegramas, transcricións musicais e lingüísticas e información dos usos e costumes na sociedade tradicional de alto valor antropolóxico, histórico, etnográfico e filolóxico.
Fonte: Luis Prego Fernández -> Baile e música de Galiza
O CD inclúe gravacións orixinais realizadas por Alan Lomax en 1952 e polos compiladores Xabier Díaz, Xosé Lois Foxo, Leni Pérez, Miguel Souto e Xisco Feijoó e Guillerme Ignacio cedidas en exclusiva para a presente publicación.
COMPRA online:
Mercar na loxa de Inquedanzas SonorasMercar na loxa do Consorcio Editorial Ningún dos enlaces están dentro dun marco de afiliación ou de patrocinio.
- Visto: 453