Skip to main content

De Botóns - Cancioneiro Galego

O libro "de Botóns" (así se lle chamaba ao acordeón diatónico en moitas zonas da Galiza) consta dunha selección moi escollida de repertorio galego adaptado a este instrumento.
Un traballo escrito con perspectiva de xénero. Consta dunha selección moi escollida de repertorio tradicional galego e das comarcas da contorna, adaptadas e arranxadas para iste instrumento.
Son máis de cen cancións reelaboradas dende un profundo coñecemento tanto do instrumento como da harmonía, con textos escritos con claridade e con sensibilidade inclusiva en canto ao xénero. Así como dunha parte antropolóxica importante á vez que, cun inevitable carácter didáctico.
«De Botóns» foi elaborado nun período de cinco anos, tras un longo traballo de recompilación de fontes orais e escritas e de adaptación das obras ao instrumento.
Con este cancioneiro, os seus autores buscan o achegamento das melodías galegas aos acordeonistas e músicos de todo o mundo. O equipo detrás deste proxecto está formado por Pedro Pascual e Carlos Quintá, dous polifacéticos músicos de Lalín con gran experiencia tocando o este instrumento. Xunto a eles atópase José Dopico na sección de documentación e bibliografía, así como os lalinenses Benjamín Otero e Misha Bies Golas, a cargo da revisión de partituras e do deseño e creación de imaxes exclusivas, respectivamente. O libro conta tamén cun preliminar escrito por Ugia Pedreira.
Onde se atopan.

música, arquivo, partituras, libros

  • Visto: 602