O feitizo de Maruja Roca
O feitizo de Maruja Roca é unha publicación con fotos dun tempo que xa non existe cun ollar artístico e persoal.
Fonte: A Central Folque
A publicación son 200 páxinas con retratos e escenas dunha Galicia dos anos 40 en branco e negro. O texto está en versión trilíngüe e é o terceiro volume da coleción Cámara Escura.
Maruja Roca revélase, por fin. A obra singular e cegadora desta fotógrafa nada no ano 1912 e que exerceu a profesión en Becerreá durante a posguerra xa está reunida nun libro, O feitizo de Maruja Roca.A súa publicación culmina un proceso de investigación que tivo o seu punto de partida nunha reportaxe que a autora do texto Nieves Neira Roca publicou en El Progreso en marzo de 2019 e co que gañou o premio de xornalismo Johán Carballeira. Ao pouco tempo da súa publicación, Neira Roca empezou a traballar no libro de maneira conxunta xunto a Eutropio Rodríguez para reunir o patrimonio fotográfico dunha das poucas mulleres que se dedicaron á fotografía na posguerra en Galicia.
Caracteristicas
- Colección : Biblioteca Antonio Fraguas
- Libro-CD
- Páxinas: 208
- Idiomas: galego, español, inglés.
- Eutropio Rodríguez / Nieves Neira Roca.
- Visto: 549