PANDERETEIRAS DE MENS
- Autora: Beatriz Busto Miramontes
- Transcricións e estudo musical con Sergio de la Ossa
Consciente da importancia de dar visibilidade e nomes propios ao noso patrimonio oral feminino, este é un estudo no que a etnomusicóloga e doutora en Antropoloxía Beatriz Busto profunda na vida das primeiras cinco mulleres que, sendo labregas, tiveron presenza visíbel na escena musical folclórica de xeito habitual.
Unha historia do que supuxo para o futuro musical do país así como tamén para as súas propias vidas desde que, no ano 1972 e por primeira vez, se subiron ao palco do Teatro Colón da Coruña.
Caracteristicas
- Libro-CD
- Colección CHAVE MESTRA Ref: CM20
- Páxinas: 228
- Idiomas: galego
- Inclúe partituras
- ISBN 978-84-122867-2-4
- PVP: 20€
- Visto: 373