O colectivo A Lumieira créase no 2025 na Terra de Montes, cunha finalidade clara de investigar e divulgar diferentes datos e cuestións relativas á memoria histórica e social da nosa comarca, sen descartarmos no futuro ampliar os nosos horizontes...
Comezamos como un grupo de traballo informal, para localizar e investigar todos aqueles lugares que na nosa bisbarra tiveran que ver coa persecución e sufrimento daquelas persoas que loitaran pola liberdade fronte á ditadura franquista, mais tamén para facer un seguimento histórico das diferentes movilizacións sociais comunitarias que se teñen producido, mesmo até tempos recentes. Froito destas inquedanzas, hoxe achegámosvos este recuncho web, aloxado e en colaboración co Volai-Vai, onde iremos publicando os resultados dos diferentes proxectos que levamos a cabo.
Así pois, sede benvidxs, e lembrade que estamos ao voso dispor para calquera consulta ou mesmo achegar información neste email.