Skip to main content

Casa da Sociedade de Agricultores e Canteiros
El Ideal” de Castro

Casa da Sociedade de Castro

  • Lugar: Castro do Medio
  • Parroquia: Santa Baia de Castro

Historia / cronoloxía:

Construída entre a 2ª e a 3ª década do século XX e reformada en febreiro de 1934, pertencía á Sociedad de Agricultores y Canteros "El Ideal” do lugar, afiliada á CNT dende 1933, e integrada na “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). É unha casa duns 60 m2.

As obras foron dirixidas polo canteiro José Gómez Garrido (1850-1932), natural de Santa Baia de Castro e concelleiro agrario de ideario republicano e socialista, a quen se debe tamén a fonte emprazada ao seu carón e a traída de augas; nelas, colaboraron 28 familias do lugar.

Incautada polos falanxistas, pasou á propiedade da CNS e foi inscrita como tal no rexistro da propiedade de A Estrada. O 25/09/1972 foi adquirida pola Hermandad Sindical Local de Labradores y Ganaderos de Cerdedo, para instalar alí unha Casa de Hermandad.

Nos anos 80 foi traspasada á Xunta e logo ao Concello, que a cedeu en uso aos veciños do lugar.

Nela, durante a IIª República deu clases á veciñanza o profesor e escritor Xosé Rogelio Otero Espasandín, falecido nos EEUU no exilio.

Resumo de datos:

Ano de construcción

2ª - 3ª década séc. XX

Datos expolio / incautación

1936: incautada polos falanxistas.

Inscrita no rexistro da propiedade d'A Estrada a favor da CNS.

25/9/1972: adquirida pola Hermandad Sindical Local de Labradores y Ganaderos de Cerdedo.

Sociedades rexistradas

Sociedad de Agricultores y Canteros "El Ideal" de Castro.

Coordenadas ubicación

COORDENADAS DMS:

Lat.: 42° 33' 31.3" N

Lonx.: 8° 25' 39.8" W

COORDENADAS UTM:

Fuso 29

Coord. X: 546977,9

Coord. Y: 4711968,98

COORDENADAS GPS:

42.5586929905094

-8.427722431876903

Bibliografía / fontes

PEREIRA, D. “A IIª República e a represión franquista en Cerdedo”, Asociación Verbo Xido, Cerdedo, 2006.

RODRÍGUEZ FRAIZ, A. “Canteiros e Artistas da Terra de Montes e Ribeiras do Lérez”, Pontevedra, 1982.

Inventario CNS, Ano 1978.

Entrevistas con Manuel Monteagudo, Castro, 30/09/2000 e 1/11/2004.

Comisión Provincial de Incautación de Bienes de Pontevedra, 1939-43, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, 7104 (18) e 8786/18.

Acta de compravenda asinada polo Delegado Sindical de Pontevedra e Prohombre de la Hermandad Local de Labradores y Ganaderos de Cerdedo, Pontevedra, 25/09/1972.