Skip to main content

Casa da Sociedade de Agricultores "La Luz" de Bugarín

Casa da Sociedade de Bugarín

  • Lugar: Bugarín
  • Parroquia: Santa Baia de Castro

Historia / cronoloxía:

Pertencía á Sociedad de Agricultores "La Luz", constituída o 25/06/1932 e integrada durante a IIª República na "Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo" (CNT).

Casa de planta baixa de 63 m2, colindante co monte comunal.

Incautada o 6/07/1937 polos falanxistas, pasou a propiedade da CNS, esta rexistrouna no rexistro da propiedade de A Estrada ao seu nome; e logo vendeuna á Hermandad Local de Labradores y Ganaderos de Cerdedo, o 25/09/1972, para instalar alí unha Casa de Hermandad.

Resumo de datos:

Datos expolio / incautación

6/7/1937: incautada polos falanxistas.

Inscrita no rexistro da propiedade d'A Estrada a favor da CNS.

25/9/1972: vendida pola CNS á Hermandad Local de Labradores y Ganaderos de Cerdedo.

Sociedades rexistradas

25/6/1932: Sociedad de Agricultores "La Luz"

Coordenadas ubicación

COORDENADAS DMS:

Lat.: 42º 32' 52.0'' N

Lonx.: 8º 26' 38.3'' W

COORDENADAS UTM:

Fuso 29

Coord. X: 545651,92

Coord. Y: 4710748,07

COORDENADAS GPS:

42,547777777777775

-8,443972222222223

Bibliografía / fontes

PEREIRA, D. “A IIª República e a represión franquista en Cerdedo”, Asociación Verbo Xido, Cerdedo, 2006.

Inventario CNS, Ano 1978.

Comisión Provincial de Incautación de Bienes de Pontevedra, 1939-43, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, 7104 (18) e 8786/18.

Acta de compravenda entre a Delegación Sindical Provincial de Sindicatos de Pontevedra e a Hermandad de Labradores y Ganaderos de Cerdedo, Pontevedra, 25/09/1972.

Rexistro de Asociacións, Goberno Civil de Pontevedra.