Skip to main content

Casa da Sociedade de Agricultores e Obreiros "La Guía" de Pedre

Casa do Pobo de Pedre

  • Parroquia: Santo Estevo de Pedre

Historia / cronoloxía:

Casa do Pobo de Pedre, nunha imaxe de 1956.
Casa do Pobo de Pedre, imaxe actual de Dionisio Pereira.
Casa do Pobo de Pedre, imaxe actual de Dionisio Pereira.
Casa do Pobo de Pedre, imaxe actual de Dionisio Pereira.

A Casa do Pobo de Pedre pertencía á Sociedad de Agricultores y Obreros `La Guía´, constituída o 22/10/1931 e durante a IIª República integrada na “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT).

Incautada o 1/07/1937 pola Falange, foi inscrita a favor da Delegación Nacional de Sindicatos de F.E.T. y de las J.O.N.S. no rexistro da propiedade de A Estrada o 5/11/1938.

En 1956 fixéronse obras para dedicar o edificio a escola; en 1968 o inmoble estaba valorado en algo máis de 18.000 pts. Logo, a CNS vendéuna á Hermandad Local de Labradores y Ganaderos de Cerdedo o 25/09/1972 para instalar unha Casa de Hermandad.

O edificio foi traspasado nos anos 80 á Xunta e logo ao Concello, que a cedeu en uso aos veciños da localidade.

Resumo de datos:

Datos expolio / incautación

1/7/1937: incautada polos falanxistas.

1938: inscrita a favor da Delegación Nacional de Sindicatos de F.E.T. y de las J.O.N.S., rexistro da propiedade d'A Estrada do 5/11/1938

1956: reforma do edificio para ser adicado a escola.

25/9/1972: vendida pola CNS á Hermandad Local de Labradores y Ganaderos de Cerdedo.

Sociedades rexistradas

1931: Sociedad De Agricultores y Obreros "La Guía"

Coordenadas ubicación

COORDENADAS DMS:

Lat.: 42º 31´41.51" N

Lonx.: 8º 26´ 13.68" W

COORDENADAS UTM:

Fuso 29

Coord. X: 546227,86

Coord. Y: 4708577,56

COORDENADAS GPS:

42,530527947547206

-8,435525794380776

Bibliografía / fontes

PEREIRA, D. “A IIª República e a represión franquista en Cerdedo”, Asociación Verbo Xido, Cerdedo, 2006.

Inventario CNS, Ano 1978.

Comisión Provincial de Incautación de Bienes de Pontevedra, 1939-43, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, 7104 (18) e 8786/18.

RODRÍGUEZ FRAIZ, A. “Canteiros e Artistas da Terra de Montes e Ribeiras do Lérez”, Pontevedra, 1982.

Acta de compravenda entre a Delegación Provincial de Sindicatos e a Hermandad Local de Labradores y Ganaderos de Cerdedo, Pontevedra, 25/09/1972.

Rexistro de Asociacións, Goberno Civil de Pontevedra.