Skip to main content

Casa da Sociedade de Canteiros e Marmolistas de Lourido

Casa da Sociedade de Lourido

  • Parroquia: San Xoán de Cerdedo

Historia / cronoloxía:

Construcción existente na actualidade no lugar onde se ubicaba a casa da sociedade de Lourido

Construída pola “Sociedad de Canteros, Marmolistas y Similares” de Lourido, cuxo secretario foi Nicanor Portas Campos.

Expoliada e incautada o 6/07/1937 tras o golpe militar pola Falange, a súa documentación e fondos se entregaron aos falanxistas de Cerdedo, mentres os seus mobles foron depositados no local que, perto da parroquial de Cerdedo, tiña o devandito partido faccioso e despareceron. Tiña 68 m2 de superficie. Foi substituída actualmente por outra construción.

A sociedade foi presidida por Antonio Sueiro Cadavid, alcalde do Concello de Cerdedo durante a IIª República en representación de “Izquierda Republicana”. Segundo fontes orais, semella que no local funcionou unha cooperativa agraria de consumo durante o tempo da República, onde tamén participaban veciños de Limeres e Barro de Arén.

Resumo de datos:

Datos expolio / incautación

6/7/1937: expoliada e incautada tras o golpe militar pola Falange.

Documentación e fondos entregados aos falanxistas de Cerdedo.

Mobiliario do local -hoxe desaparecido- depositado no local da Falange de Cerdedo.

Sociedades rexistradas

Sociedad de Canteros, Marmolistas y Similares de Lourido.

Coordenadas ubicación

COORDENADAS DMS:

Lat.: 42° 31' 32.9" N

Lonx.: 8° 23' 49.8" W

COORDENADAS UTM:

Fuso 29

Coord. X: 549512,19

Coord. Y: 4708334,56

COORDENADAS GPS

42,52580555555556

-8,397166666666665

Bibliografía / fontes

PEREIRA, D. “A IIª República e a represión franquista en Cerdedo”, Asociación Verbo Xido, Cerdedo, 2006.

SOLLA, C. “Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo”, Edicións Morgante, Cangas do Morrazo, 2016.

Entrevista con José Sueiro Portos, San Bernabé, 9/03/2013.

Entrevista con Ilde Portos, Lourido, 20/11/2009.

Inventario CNS, Ano 1978.

Comisión Provincial de Incautación de Bienes de Pontevedra, 1939-43, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, 7104 (18) e 8786/18.