Foi domicilio social da Sociedad Instrucción y Recreo de Chamadoira. Descoñecemos máis datos da sociedade á cal pertencía.
Está incluída nunha listaxe da CNS, Delegación Sindical Provincial de Pontevedra "Relación de las asociaciones izquierdistas de las cuales se interesan certificaciones del Catastro urbano en las que conste el líquido imponible que satisfacen los inmuebles pertenecientes a las mismas".
Non está incluída no inventario da CNS do ano 1978.
Estivo en ruínas ata hai uns 10 anos, cando foi rehabilitada polo Concello a petición dos veciños.