Foi construída pola Sociedad de Agricultores y Oficios Varios "La Soledad” de Folgoso, creada o 6/01/1922 e durante a IIª República integrada na Federación de Agricultores, Canteros y Oficios Varios (CNT) de Cerdedo e presidida por Dionisio Fraiz Cota.
Non figura no Inventario da CNS do ano 1978 e tampouco na Comisión Provincial de Incautación de Bienes de la provincia de Pontevedra, 1939-1943.
Con data de xuño do 2025, un veciño conta que a casa foi construída para ser escola, poñendo os veciños de cada aldea da parroquia unha parte que sacaron vendendo un anaco de cada monte veciñal. A casa foi rehabilitada polo concello de Cerdedo e posteriormente remodelada no 2020.
Estaba dividida en tres espazos (escola de nenos, escola de nenas e a “casa” dos mestres no medio). Antes da guerra foi mestre nela Teodoro Caselles Rollán, mestre de Remesar.