Cantar de reis de Fofe
Fofe, O Covelo, Pontevedra

  • Cabaleiros e señores

    mai-la xente que está dentro

    nos aqui vimos cantando

    a glória do nacimento

     

    Unha noite de natal

    noite de grande alegria

    camiñaba San Xosé

    e mai-la Virxe María

     

    Camiñaban a Belén

    a Belén lleva su guia

    cando a Belén chegaron

    as estrelas se escondían

     

    O porteiro é descortés

    tiña pouca cortesía

    atreveu-se a perguntar-lle

    cando a virxe paría

     

    Inda non pare esta noite

    ni para a ioutra que viña

    para as doce desa noite

    a virxe parida viña

     

    Tiña un neno tan fermoso

    que ó mundo resplandecia

    era tanta a sua pobreza

    que nin un pañuelo tiña

     

    Botou as mans á cabeza

    era un velo que traía

    rompeu-no en tres anacos

    onde Xesús envolvía

     

    Despois de Xesús envolto

    a virxe chorar queria

    ai non chores virxe santa

    ai non chores madre miña

     

    Estes son os santos reises

    que se cantan neste dia

    digan todos en voz alta

    viva Xesus e María

  • Cantar de reis de Fofe

Deixa un comentário

Estás comentando como convidado.