A Belén camiña a virxen María
San Xosé levaba na sua compañia
Compaña mais nobre non a puido achar
Para antes das doce a Belén cheghar
Foron camiñando en conversación
Con palabras santas dignas de atención
Dignas de atención e dignas de escoitar
Para antes das doce a Belén cheghar
Foron camiñando e logho atoparon
Con dous pasaxeiros que lles perghuntaron
Se para Belén hai moito que andar
Para antes das doce a Belén cheghar
Foron camiñando e logho atoparon
Un portal moi vello moi ben preparado
E foron conformes e nel se quedaron
E antes das doce a Belén chegharon
Que sexan pesetas, que sexan raiales
Non os meteremos nos nosos morrales
Que sexan raiales, que sexan pesetas
Non as meteremos nas nosas saquetas
Xandre Outeiro