Redondela Mira maruxiña, mira como veño Cunha borracheira que xa non me teño Que xa non me teño, como m'hei de ter? Veño da taberna farto de beber! Seguidiñas Outra Viño 134 Venres, 26 Xuño 2020 Antón Reportar cantiga Para Carballo vou rindo, para Verdillo cantando, par' a parroquia de Bértoa, vou como a troita nadando. Eu pedinlle a unha nena ela non mo quixo dar Eu pedinllo, ela deumo e non hai máis que falar Tropecei, caín na lama e logho m'alevantei sacudín o meu capote conforme estaba, quedei Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado.
Antón