• Forma:
    Clasificación da cantiga segundo a forma literária
  • Función:
    Indica a sua función. exem: Desafío, Despedida
  • Temática:
    Escolle a tématica ainda que moitas poden estar en outras.
Chamadita

A pulgha salta da cama

e da cama salta ao chan

do chan salta pra unha perna

e da perna, ao mazapán

Costureiras

Eu pidin-llo onha nena

no porteliño do prado,

respondeu-m'a picarona

Qu'estaba o campo mollado.

primas

E a vella de Taboadelo

respondeu á de Xustáns

teño máis callos na cona

que o ferreiro ten nas mans

Maruja Flores - Xandre Outeiro

E ao se deitar cun vello

non sei que gusto lle topan,

pola noite dice Ai!

pola mañá dice Opa!

primas

Unha vella de Xustáns

díxolle á de Taboadelo

ghaño máis cartos coa cona

que o ferreiro co martelo