Ben me sabes Eu xa quería fodere que levo o día enteiro, botando palla e máis palla e non son ningún palleiro
Chamadita Maripepa ten un niño entre as tellas do tellado. Cando chove, Maripepa, o teu niño está mollado.
Ben me sabes Eu ben vin estar ó demo a cabalo dunha bruxa: o demo tira que tira a bruxa puxa que puxa.
Ben me sabes Canta laranxa madura, canto limón polo chan, os rapaciños de agora van co carallo na man
Ben me sabes Ó Santo Cristo da Estrada din que non lle medra o pelo O que lle medra é o carallo de non ter onde metelo!