Ben me sabes Heiche de toca-las cunchas miña carrapucheiriña hasme tocar ti a gaita naquela carballeiriña
Ben me sabes Meniña qu'estás na cama antr'as sábanas de liño tes unha man na tetiña e a outra no paxariño
Ben me sabes O meu amor era xastre e eu era costureira, él picoume cunha agulla eu piqueille coa tixeira
Ben me sabes Se a cona tivera dentes e mordera con firmeza cantos miles de carallos quedarían sen cabeza
Ben me sabes O cura mais a criada foron ver os cabritiños, a criada foi de costas o cura foi de fuciños.
Ben me sabes Debaixo das túas faldras tes un racimiño de uvas, con permiso de teu pai vou mirar se están maduras.