• Forma:
    Clasificación da cantiga segundo a forma literária
  • Función:
    Indica a sua función. exem: Desafío, Despedida
  • Temática:
    Escolle a tématica ainda que moitas poden estar en outras.
Chamadita

Á porta do fiadeiro

hai unha pedra cuadrada

onde sentas as mociñas

a rañar a condanada.

Ben me sabes

Non me fodas no camiño

que non son unha cadela,

tes os collós d'arrastro

énchesme a cona de terra.

Costureiras

Cantai e bailai meniñas

e ghardai o farropeiro

que a que non canta nin baila

é a que o dá primeiro

Fiadeiro

A muller p'ra ser bonita

ten que ter a cinta baixa

e a barrigha pequeniña

pra que asente o pau na caixa.