Fiadeiro A muller p'ra ser bonita ten que ter a cinta baixa e a barrigha pequeniña pra que asente o pau na caixa. Copla Pandeiretada / todas Outra 147 Martes, 07 Xullo 2020 Antón Reportar cantiga Cando se emborracha un pobre todos din que é un borrachón, cando se emborracha un rico "qué gracioso está el señor". Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado. Rio branco, rio tinto, regatos de tantas cores, cando os ríos levan tanto que farán os meus amores? O cregho vendiu, vendiu o que non ten que vender: vendiu o rabo da burra por non lle dar de comer
Antón