Labregos do tempo dos Sputniks

Creado en 2007, xúntanse para concertos sen ensaios previos, como a "Festa pola liberdade" (sala Nasa, decembro de 2007), ou o 7º aniversario do Cineclube de Compostela (local social "a Gentalha do Pichel", abril de 2008). Adoitan comezar poñendo en escena cadansúa proposta (O Leo cantando e na guitarra, e García cantando sobre bases), para rematar con temas conxuntos improvisados, co Leo á guitarra e García cantando. Entre outros, tocan temas como "Bilingüismo harmónico" (adaptación do "Should I Stay Or Should I Go", de The Clash) e poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro, ademais de letras propias de García.

A Rabela
A Rabela
Charanga com X
Charanga com X
García Mc
García Mc
Liska!
Liska!
Néboa - A realidade Enganosa
Néboa - A realidade Enganosa