As que limpan
Son As que lim- pan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turís- tico precarizador.
As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.
Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

Elisa e Marcela
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento.

Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

PANAMERICANA
PANAMERICANA é unha comedia con sabor a guiso tropical. Un musical no que tres actrices interpretan 24 personaxes.
Miranda Celia del Río, é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu laberíntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.
Panamericana fala dun sistema perverso e dos soños rotos dende unha óptica optimista e divertida.

Unha festa teatral de cor, pluma e música.