Volai-vai como parte do movemento
#BURLA_VERDE, opoñémonos á degradación ambiental da nosa comunidade e loitamos por unha transición ecolóxica xusta e sostible.
Cremos que é posible protexer o noso medio natural e promover o benestar de todas as persoas e animais, sen sacrificarnos uns polos outros.

Encontro

29 de abril

SABUCEDO

Xuntarémonos nun grande encontro nacional en Sabucedo (A Estrada) contra esta gran burla verde, contra a estafa da transición enerxética, contra a depredación dos nosos montes e ríos, pola defensa da terra e da vida. Unha xuntanza de convivio, loita e festexo á que estades todas convidadas.
Podedes montar postos informativos das vosas asociacións e colectivos. Para organizalo tendes as redes e un email de contacto.

Faltan!

días
:
horas
:
mínutos
:
segundos

Colectivos colaboradores e organizadores:

Queremos participar

Presentarase o programa do evento e o calendario de actividades e accións asociadas ao mesmo, que comezarán xa o sábado día 18 de marzo, coa acción artística fotográfica “O devalar do monte galego” – En defensa da natureza Artivismo/Galicia , e que continuarán nas semanas previas o encontro.
atentas as redes para mais información

ESTAMOS FARTXS!

  • Fiada

    Ventos novos sopran forte da Conla prao Cabalar han de arrasar con todo se os pes non lles parar

    Ver cantiga
  • Verde Jalo

    Resistir, cal toxo bravo o expolio que nos fagás en terra de aloitadores non poñeredes as pás

    Ver cantiga
  • Maruja Flores - Xandre Outeiro

    Xa non sopra o vento en calma, xa os xigantes van chegar, cortando o voo aos paxaros e bruando sen parar

    Ver cantiga
  • Tranvia

    Quen souber das consecuencias que este ecocidio ha ter, os veciños, sen defensa; o monte, morto outra vez.

    Ver cantiga
  • Trator - Barro

    Érghete, pobo, en pe, contra esta sen-razón, se pensan que calaremos saben ben pouco de nós.

    Ver cantiga
  • Rinran

    As minas a ceu aberto de cen a cen, e cen mil nós sen parar de chorar, e eles a fartar-se a rir

    Ver cantiga
  • Tendal

    Heime de por a cantar, baixo as aspas dun eólico, que lle corten a cabeza a quen de min fai espolio.

    Ver cantiga
  • Fiadeiro

    Políticos que non saben defender o noso lar, só venden a nosa terra, a quen a mellor pagar

    Ver cantiga
    Coa túa axuda, podemos facer un arco de coplas que reflicten as preocupacións e esperanzas da sociedade con respecto ao desenvolvemento de enerxías renovables.
    A túa cantiga podería inspirar a outros a pensar máis profundamente sobre estes temas.
    Entón, estás preparadx para compartir os teus pensamentos e sentimentos sobre o impacto ambiental das enerxías renovables a través da música?
    Únete, e comeza a escribir as túas cantigas para o movemento!