Skip to main content

• Compañía de teatro •

Máscara | Títere | Música

Nauta é unha compañía galaico-francesa. Un grupo de creadores que veñen do teatro físico, a música, a danza e os mundos da máscara e a marioneta.
Do desexo de afondar, investigar e descubrir a arte escénica do día de hoxe, Nauta móvese cara un teatro onde os estilos se xuntan para abrir novos espazos. Cara un arte dispoñible para un público sen élites e sen preferencias. A un punto de encontro onde somerxerse no extraordinario da arte.

A BARCA DO INFERNO

Público: +10 anos

Títeres, máscaras, música en directo, sátira e traxedia son os ingredientes que nos acompañan neste viaxe no que veremos como o exceso de vertidos residuais, a pesca masiva, en resumo a emerxencia climática, nos evocan a todos ao día da nosa extinción.

Técnica: Monicreques, Teatro físico
Duración: 1h

GAIA BABA

Todos os públicos

Animais arrastrados polos desequilibrios ambientais inundarán as rúas cos seus pesares, conducidos polos ritmos da batucada que lles marcará o camiño. Polo mar, polo aire e dende terras afastadas manifestaranse ante nós.

Técnica : Monicreques, Teatro físico
Duración: 1h

TREBOADA

Todos os públicos

Animais arrastrados polos desequilibrios ambientais inundarán as rúas cos seus pesares, conducidos polos ritmos da batucada que lles marcará o camiño. Polo mar, polo aire e dende terras afastadas manifestaranse ante nós.
Pasaruas de monicreques y batucada
Coproducción: Nauta y Trópico de Grelos
Duración: 1h

NINO & MAMBRU

Todos os públicos

Fortemente inspirados polas grandes personalidades da historia da comedia, Nino & Mambrú preséntanos un espectáculo de media máscara inscrito nas veas do teatro físico, a acrobacia, a esgrima, o mimo e a improvisación co público, que converxen para crear unha obra de público familiar.
Técnica : Máscaras, Teatro físico
Duración: 45min