Explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta.
Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías poderosas e un entramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.
A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu nace hai dúas décadas no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD.
A suma da creatividade colectiva e intención de posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas deu lugar a numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk ou eventos ao vivo (‘Libro branco da Educación en Música tradicional’, ‘O canto das Illas’, ‘Arraianos’, A Rede Europea de Orquestras Folk ENFO), iniciativas que sitúan SonDeSeu como un grande referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e do continente europeo.
O projeto livro-CD, de criação literaria, Caderno de Bitácora, na qual será relata uma travessia imaginada desde um ponto de realismo mágico polo mar de Antela.
Portal do conhecimento livre da ACFolque. Folque Commons distribui gratuitamente em formato electrónico baixo Domínio Público trabalhos de investigação e criação cedidos a FC pelos seus autores.