Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 4 resultados

Miña Virxe da Franqueira

non che veño pedir pan

Véñoche pedi-lo home

que saiba varre-lo chan

Nacín no mes de xaneiro,

no mes da quiquiricaina,

meu pai á perna do medio

nunca lle puxo polaina

Fixeche unha saia nova.

pensando que te casabas

fixeche unha e máis outra,

e quedache como estabas

Casadiña de tres días,

non se cansa de chorar

pola vida de solteira

que non ha de recobrar