Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 159 resultados

As cintas do meu mandil-e

arrastran polos esqueiros

así andan arrastrados

todelos homes solteiros

Eu pedinlle a unha nena

ela non mo quixo dar

Eu pedinllo, ela deumo

e non hai máis que falar

A pereira non da uvas,

a ouveira non da peras;

viva quen ten os amores

no lugar das Tres aldeas.

Algún día foches meu,

agora véñote ver

que che quero preguntar

se queres volver a ser.

Anque as pedras se volveran,

anacos de carne viva;

eu che teño que querer

anque me coste a vida

Anque che son moreniña,

no é do polbo da eira;

xa me verás o domingo,

coma a rosa na roseira.

Aparta loureiro verde

Deixa clarear a lúa

Que estou no medio do monte

Non vexo cousa ningunha

Carballo verde do monte

augha fría non consente

o que ha de falar conmigho

ha de falar para sempre

Ei de subir o carballo

a cortar unha braghasta

que para falar contigho

unha palabra me basta

Non me tires con pedriñas

que estou a lavar a louza

tírame con palabriñas

cando túa nai non ouza

Estou en pasar o río

estou en non o pasar

estou en tomar amores

estou en non os tomar

Asubín ao alcipreste

e beixei de nó en nóe

Ti falas con cantas queres

Eu falo contigho sóe

As estrelas miudiñas

son as que alumbran o tempo.

Home de moitas amantes

varéalle o pensamento.

Non quero zapato baixo

que se me enterra na area,

non quero amores de lonxe

que os teño na miña aldea

Rapaciña do meu tempo

Chamáchesme a min rapaz

durme comigho unha noite

pola mañán mo dirás

Eu hei d'ir alá

que queiras, que non

ou pola ventana*

ou polo balcón

Papeles son papeles

cartas son cartas

as palabras dos homes

todas son falsas!

O cinto da tua blusa

xa se non usa, toma demónio!

non quero a tua riqueza

quero a pobreza do meu António

O cinto da tua blusa

xa se non usa color café

non quero a tua riqueza

quero a pobreza do meu Xosé

Ai! Laurentiña!

limón, laranxa verde,

quen non ten amores

nin gana nin perde

Ai! aghora viras tu,

Ai! aghora viro eu,

Ai! aghora viras tu

o meu amor e máis eu

E ti te-lo te-lo

non mo queres dar

e despois de vella

ha-lo de salar

Vai-te d'aí, cabelo mouro

que xa non te quero máis

anque te coronen d'ouro

Hei-te d'amar, e máis hei

non me perda-lo cariño

non che perderei a lei

O meu amor dito tenhe

o meu amor tenme dito

que o camiño lle convénhe

Eu querer, quero-che ben

tan só me falta saber

se me ti queres tamén

Maruxiña do Portelo

ó teu pai téñolle dito

a túa nai téñolle medo

Mozo da ghorra da feira

se viñas por namorare

viñeras doutra maneira

Caravel, caraveliño

caravel, caraviñol

o día que te non vexo

para min non raia o sol