Cantigas atopadas: 12

Sei tocá-la pandeireta

tocar sei o violín

tamén sei facé-la burla

de que-na fagha de min

Pandeiro de catro esquinas

Non se toca cunha man

Dai-llo à miña cuñada

A muller de meu irmán

Pandareta, pandareta

pon as ferreñas de punta

aghora que anda bailando

fermosura toda xunta

Arriba, pandeiro roto!

abaixo, manta mollada!

Onde estean as mulleres

Os homes non valen nada

Aghora que ma puxeron

A pandareta na man

Se me peta na cabeza

Canto d'aqui a mañán

Sei cantar e sei beilare

sei tocá-la pandeireta.

Tamén sei face-la burla

de quen me fai a puñeta

Teño unhas castañolas

feitas de madeira seca,

traio-as na faltriqueira,

toco-as cando me peta.

Este pandeiro que toco

é de pelica de can

inda onte berreaba

e hoxe toca no serán

Manoel, Manoeliño

Manoel da rúa alta,

moito te queren as mozas

porque lles tóca-la ghaita.

A miña panderetiña

ten os aros de salgueiro

tócana na miña porta

resona no Mangüeiro

Toca Brais

ese tamboriliño

E o Pascual

esa gaita con brío

Toca Brais, toca Brais,

ese tamboriliño

o Pascual esa gaita con brío.