O feito é que a acollida da primeira versión do Volai-Vai nos deixou algo sobrecollidas, mais despois de recibir tanto feedback e agradecementos desde recunchos de todo o planeta, vímonos na obriga de continuar cun proxecto que nacera máis ben como un experimento, pero que nos demostrou que se pode chegar a converter nunha ferramenta de divulgación moi interesante...
Aínda así, comprenderedes que todo isto ten uns custes de mantemento (aloxamento e dominio web, publicidade, etc.) que na equipa de traballo de Volai-Vai -que xa aporta o seu tempo e traballo desinteresado- non podemos asumir directamente, polo menos de xeito indefinido...
É por iso que decidimos abrir unha liña de doazóns via Patreon que poida facer do Volai-Vai unha plataforma auto-sustentábel que non implique gasto económico persoal d@s compoñentes da equipa, toda vez que -como xa dixemos- ningunha de nós percibe aportación económica polas súas horas de adicación.
As doazóns que recibamos serán destinadas a: