Info:
Banda sonora do documental Paraíso roubado e producido pola Asociación pola defensa da ría na qué aborda a realidade de Lourizán entre finais do século XIX, cando Montero Ríos establece a súa residencia galega neste auténtico paraíso, e a chegada da fábrica Celulosa nos anos 60 do século XX, que supuxo a destrución da riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa, que veu perder o seu futuro como consecuencia do desenvolvemento franquista. Pero tamén é un exercicio de memoria histórica, un recoñecemento á loita das mariscadoras que se enfrontaron á represión militar na defensa do banco marisqueiro e o pan dos seus fillos, unha loita que non pode caer no esquecemento.
un film de Lukas Santiago
un film de Lukas Santiago
É a crónica dun paraíso perdido... dun PARAÍSO ROUBADO!
Fonte: NUMAX
Spotify Oficial |
folk