Un disco que percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa
música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción.
Textos cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de
amor, de luz e de sombras.
Como é todo na vida.
É unha declaración: se te quixen, foi polos grelos.
Quen as escoite, vai
querelas.