Info:
Videoclip realizado por Os Vacalouras Produción musical de Lúcas Márquez (Muki)
Unha cousa teño clara:
Eu monárquico non són.
Teño un trauma dende a infancia
que provoca esta aversión.
Aprobaba con boas notas,
non andaba con matóns,
e comía o peixe sen oposición!
Compartía o bocadillo á hora de merendar.
Sempre que xogaba aos tazos
nunca quixen apostar.
Tiven que tomar o fúor,
recollía a habitación,
consumía “Dalsy” con moderación!
Pero todo o meu esforzo remataba en decepción!
Cando abría os agasallos dos Reis Magos no salón!
Un abrigo!
Un par de calzóns!
Desgraciados!
Eu quería unha Game Boy!
Calcetíns! Un pantalón!
Desgraciados! Eu quería unha Game Boy!
Aturei a catequese pra face-la comuñón.
Se xogaba con petardos sempre foi con precaución.
Non pedía a “PlayStation” tampouco un ordenador.
Ben podían terme feito este favor.
O Gaspar merece a forca!
Guillotina pra Melchor!
Baltasar na sobremesa con veleno no turrón!
Un abrigo! Un par de calzóns!
Desgraciados! Eu quería unha Game Boy!
Calcetíns! Un pantalón!
Desgraciados! Eu quería unha Game Boy!
Contacto Galunk Producións -
Contratación Galunk Producións -