Info:
O baile é verde e roxo, coma unha revolución raiana. As ovellas pacen nunha costa máis encostada do que é habitualmente unha costa, por baixo, na carretera, os coches pasan se darse conta que a o manto virtuoso non é unha línea de piche ordenada polo arquitecto e o ministro. Hai grúas, e cormoráns que parecen grúas.
letra
Xa as vemos vir ó lonxe, xa nos imos achegando: as luces do Val Miñor que nos van aloumiñando. Ai lala...//
raíña do suroeste, moza cigana e solteira, quen dera ser un pedazo de terra na túa eira. Ai lala...//
A castaña no ourizo, eu ben sei como ela fai: cando esta verde madura, cando está madura cae. Ai lala...//
A noite vai coma un río, chegareiche ao corazón, hai champán no camerino e unha estrela na pensión. Ai lala...//

créditos
se lanza 2 de agosto de 2024
Letra e música: Tradicional/ Sindicato do Folclore
Letra e música: Tradicional/ Sindicato do Folclore
bandcamp |
folk - jazz