Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 520 resultados

Teño pena e alegría

teño dous males a un tempo

cando a pena me mata

a alegría dame alento

Unha vella nun curral

dun peido matou un polo.

Se non lle acuden a tempo

mata galiñas e todo.

As ovellas de meu pai

teñen a glória ganada

coméronll'a erva ó cura

fun por lan, vin trasquilada

Imos da-la despidida

entre Ghalisia e Jamaica

imos da-la despidida

que xa non se oe a ghaita

Se queredes que vos cante

habédesme dar diñeiro

porque a miña gargantiña

non ma fixo un carpinteiro

Adiós feira de Famelga

feira de pasar o tempo

onde se van pasear

catro cabezas de vento

Malo raio parta ós homes

o primeiro xa é o meu

que o mando traballar

dime que traballe eu

Un velliño nun curral-e

matou cun peido un polo

Se non lle acuden a tempo

mata ghaliñas e todo

Por bailar a mazurca

soio por eso

por bailar a mazurca

lévanme préso

Ti deixachesme por pobre

eu por rico te deixei.

Vale máis pobre con honra

que rico de mala lei.

Unha vella cagha o cravo

e outra vella ferraduras,

e quedoull'o cu rabiando

de caghar cousas tan duras

Eu pedinlle a unha nena

ela non mo quixo dar

Eu pedinllo, ela deumo

e non hai máis que falar

Fostesvos ghabar ghabachas

de cousas que non fixestes,

déstesme un bico no cu

que na cara non puidestes

Déchesm'unha pera parda

toda rillada dos ratos

a quen lle deche-los bicos

dá-lle tamén os abrazos

Esta traza non ten traza

a trazante que a trazou

botou as liñas moi altas

o seu tempo non chegou

Se queres que o carro cante

móllale o eixo no río

verás como de mollado

canta coma un asubío

Chamáchesme trubisquiña

erva que o gando non come

vale mais ser trubisquiña

que muller de ruín home

Miña nai ten unto vello

dos porcos que ha de matare

tamén ten berzas na horta

das coles que ha de sembrare

A miña panderetiña

ten os aros de salgueiro

tócana na miña porta

resona no Mangüeiro

Pasei a Ponte Loureiro

paseina de madrugada

topei un anel dourado

nunha mazá colorada

O cura e máis a criada

ordenaron de cocere

a leña estaba no monte

e a fariña por moere

Hei de subir ao loureiro

ao ramalliño máis alto

se caír, agarrareime

ao do sombreiriño branco

Hei de subir ao loureiro

ao ramalliño do medio

se caír, agarrareime

ao do sombreiriño negro

Cando era pequeniño

e tiña que ir co ghando

comía a merendiña

antes de chegar ao prado

Polo río arriba

vai unha raposa

leva o cu aberto,

non hai que llo cosa.

Polo mar abaixo

vai unha sartén,

se levara ovos

iba eu tamén.

A miña sogra é unha "zorra"

heina de facer rabear-e

nin me ll'hei casar coa filla

nin lla hei de deixar casar-e

E o "casarse" con un vello

non sei que ghusto lle topan

pola noite "dice", Ai-e!

pola mañá "dice", Opa!

Arre burro desta porta!

qu'eiquí non se che dá cebada,

ón burro coma tu,

calquera lle pon albarda.

Corta rente, corta rente,

corta por baixo da mao,

corta rente, corta rente,

mociña de San Cibrao.

Pensas que porqu'es moi rico

que xa me tiñas na mao,

moitas serdas ten un porco

e mais non sai de marrao.

Á señora desta casa

Dios nola deixe vivir,

que pró ano se Dios quer

á porta ll'habemos vir.

Eu non sei que pode haber

nesta casa tanto fume,

é a señora da casa

qu'está ca cazola ao lume.

Eu non sei que pode haber

que non nos deixan entrar,

ou hai broncas nesta casa,

ou non nos teñen que dar.

E despois de que comamos

cantaremos con máis ghracia,

porqu' os chourizos e o viño

limpan mui ben a gharghanta.

Para Carballo vou rindo,

para Verdillo cantando,

par' a parroquia de Bértoa,

vou como a troita nadando.

Arrurrú,

a tranca no cu

morreu teu pai

non morras tu.

Fan as papas na culler

Vén o ghato por detrás

Arrabuña o rapaz

Arrorró, meu neno ro.

Ar mociñar de Parada

"dicen" que non beben viño,

e debaixo do mantelo

levan o xarro escondido.

Malo raio parta o raio

que o meu cabalo fendeu

se non fora o malo raio

cabalo inda tiña eu

Hei-che de dar viño tinto

sopas de pan barolento

comigho raña-la pava

con outros pasa-lo tempo

O anel que me deches

onde vai que o perdín.

Boteino da ponte embaixo,

tamén te botaba a ti.

Labradora non a quixen

non a quixen labradora

funa buscar a Miñarzo

panilleira e iatadora

Hai que afiala, hai que afiala,

a navalla de Pepe non corta nada:

non corta nada, corta bastante,

se non corta para tras, corta para adiante

Hoxe aqui non hai cirolas,

hoxe aqui non hai cirolas

que pola falta dos homes.

Cantas as mulleres solas

Casariame en Filgueira,

casariame en Vilar;

se non fora pola xente,

que rebenta a traballar,

Se eu fora paxariño

e que puidera voar;

máis de cen veces o día,

iríache visitar.

O paxaro de María

anda nas miñas cereixas

come paxariño come,

veremos as que me deixas

A pereira non da uvas,

a ouveira non da peras;

viva quen ten os amores

no lugar das Tres aldeas.

Algún día foches meu,

agora véñote ver

que che quero preguntar

se queres volver a ser.

Agora xa non me acordo

nin siquera dos defuntos;

dame risa cando penso,

que temos que durmir xuntos.

Anque as pedras se volveran,

anacos de carne viva;

eu che teño que querer

anque me coste a vida

Anque che son moreniña,

no é do polbo da eira;

xa me verás o domingo,

coma a rosa na roseira.

Aparta loureiro verde

Deixa clarear a lúa

Que estou no medio do monte

Non vexo cousa ningunha

Unha vella dixo a outra

polo cachucho da porta:

si ch´o crego pide un bico

dálle unha figa retorta

Carballo verde do monte

augha fría non consente

o que ha de falar conmigho

ha de falar para sempre

Ei de subir o carballo

a cortar unha braghasta

que para falar contigho

unha palabra me basta

Non me tires con pedriñas

que estou a lavar a louza

tírame con palabriñas

cando túa nai non ouza

Estou en pasar o río

estou en non o pasar

estou en tomar amores

estou en non os tomar

Eu onde estou ben vexo

dous coenllos a brincar

tamén vexo os meus amores

e non lles podo falar

Desde a Lama pra Seixido

eche todo costa arriba

todo cheo de silveiras

pra que rasque-la barrigha

Do alto do Nadighón

Cabalar véseche ben

vale mais caste das Doiras

que canto Cabalar ten

Esta noite fun á festa

por bailar con meu irmán

levei os zapatos novos

trouxen a sola na man

Malo raio parta o rato

e veña polas formighas

que me rillaron o libro

onde aprendín as cantighas

Ó abade de Covelo

morreulle a besta marela

tódolos qu´aquí non canten

levan o camiño dela