“María Casares, a muller que viviu mil vidas” achéganos a esta muller extraordinaria cuxa vida está marcada pola Guerra Civil e o exilio en Francia.
Viviremos con ela os acontecementos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida apaixonante na que se cruzan personaxes culturais de primeiro nivel. Comprometida e incansable no seu traballo, busca constantemente propostas escénicas audaces e arriscadas que acaben convertendo nunha das actrices máis abraiantes e aclamadas do cine e do teatro francés.