Ruadas nos
tempos do trap.
A informante está morta!
Viva a informante!
Xandre Outeiro
Perla: Saraibas Xa non podemos calar 1981
05:26 Os dereitos humans!
Non sabemos exactamente en que momento pasamos d’ir aprender das vellas nun serán en Gargamala a
un concerto de trapeiros con colaboración de tonadillera incluída.
Entremédias, atrás quedou o boom da gaita dos noventa, a gaiteira
barcelonesa e a pianista neoiorquina, os grupos tradicionaloides de bailadores prusianos disfrazados de
alcalde gabacho do XIX e de pandereteiras vestidas de raso “Pardo Bazán” con aturuxos en castellano, as lánguidas voces con arranxos popeiros
pretendendo inflitrar-se nas listaxes dos 40 principais, as teses doutorais “Canarias, país celta”, os
40.000 marcianos gaiteiros de Ourense, Soutelo e Lorient, o flautista metido a gaiteiro, o gaiteiro metido a
cantante, o cantante metido a flautista de Hamelín…
A culpa é-che nosa, non ch’é de ninguén.
As guitarras de Ortigueira e a batería das pandeireteiras. O baixo, non fai falta: total,
ninguén se vai lembrar do seu nome (vai nun sinte). As zanfonas de élite da nova fidalguía adiñeirada con
roupa de picote de Loewe. As pandeiretas, veganas, que son menos indixestas; e as ferriñas, de madeira.
A voz do pasado no presente, retira-se. A orquesta de ukeleles e tarrañolas
tocando mentres afunde o Titanic. Cacao maravillao
A culpa é-che nosa,
non ch’é de ninguén.
Un canto é un borde. O outro son cantares. As tabernas, son de Ikea. Esferificación de pulpo à
feira. Serán gastronómico con tres pratos, chupito, café e postre. Informantes con mantón de manila e fóbia
às gravadoras, pero adoradoras do pé de micro no escenário. Fusión de copla castiza e gaita. Paquito chocolatero con charanga e mollo. A xente do carnaval do Hío
xa non sabe quen é Alfonso, o que viña da erva, e Camawey é unha silveira. Autóctona, pero silveira.
A culpa é-che nosa,
non ch’é de ninguén.
Mareas Vivas é xa un saudoso recordo: agora o que é moda son os “bros” “crush” e “handycap”. O xabarín clube xa ninguén sabe del. As pandeiretas son negras, pero non
de estar na lareira: untan-se con Nivea, porque “nadie cuida tu piel
igual”. Hai un debate de tres horas no Alcuentru para chegar à conclusión de que cómpre revisar
o contido das coplas. Mentres tanto, “una niña de tierra de moros ha venido a España
con cadenas dioro”, omnipresente e todopoderosa. Coma os reis magos. Ou coma Dios. A algunhas parecerá-lles incluso apropiado para o día das Letras
Galegas que, non sei, para o ano llo podían adicar -eu que sei- a Camilo José Cela.
A culpa é-che nosa,
non ch’é de ninguén.
Os cantares e danzas de reis están demodé: aos urbanitas
gustan-lles máis os shows de elfos cantando Jingle Bells ao estilo Howarts. Un sacho é un sacho, e un leghón
é un leghón, pero “como voy a llevar yo eso por la calle? El mango para que es, si no se toca?”. “Ay que risa, como
cantan!”, pero as Voces Búlgaras son unha pasada: iso si que é un mistério. “Si le metierais algún instrumento…”, porque as pandeiretas non fan música. Fan
ruído. O reggaeton non molesta aos veciños. Non molesta
a ninguén, de feito.
A culpa é-che nosa,
non ch’é de ninguén.
Onde vai que te non vin: a copla está ben, o que non me gusta é ese invento do pronome colocado
aí. Beillar é unha voz asturiana. “Carballeiriña escura” é
“little tan woman from Carballo” e a muiñeira de Beariz di “centena
millar”. “Esta es la jotita qu’io siempre canté” é a xota de
Caroi, e a “serranita” é o cantar do serán de Moscoxo.
Hai un pandeiro de tocar a oito mans nos Ancares, e o charrasco é de toda a vida. Real Banda de Peitoques do
Centro Galego de Bos Aires.
A culpa é-che nosa,
non ch’é de ninguén.
Creadores de contido. Ondas do mar de Vigo. San Simón é un fiddle
festival: non remexe-las fridas do pasado, que pasado está. Se traes unha cantiga, carne de
teuvegá. Se non, Luar. Un maneo é a banda sonora do centenário do Celta -menos mal que tamén leva aña-. Hai
que tocar o pandeiro a puñetazos, e as recolleitas onde están ben é no Facebook. As partituras xa non fan
falta, porque hai vídeo 4K. Pra tocá-la pandeireta non fai falta ortografía. Ana
Kiro is Skynet.